viernes, enero 22, 2021
  • Login
No Result
View All Result
loquenosecuentanoexiste
  • INICIO
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Sobre Nosotros
    • Sobre PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Punto de Información Periodismo social
    • Tienda
    • Buscamos voluntarios
    • Profesionales de referencia
    • Estatutos
    • Investigación periodística
  • INICIO
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Sobre Nosotros
    • Sobre PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Punto de Información Periodismo social
    • Tienda
    • Buscamos voluntarios
    • Profesionales de referencia
    • Estatutos
    • Investigación periodística
No Result
View All Result
loquenosecuentanoexiste
No Result
View All Result

«Para combater o machismo é necesario traballar nas xeracións máis novas»

25 marzo, 2020
in actualidad
«Para combater o machismo é necesario traballar nas xeracións máis novas»

A Deputación da Coruña entregou os premios de proxectos educativos e viñetas pola igualdade. A memoria da deputada de Igualdade e Servizos Sociais recentemente falecida, Ánxela Franco, presidiu o acto de entrega destes premios do certame de proxectos educativos pola Igualdade Concepción Arenal que recolleron representantes de centros de ensino de Miño, Carballo e Cambre e nenas e mozas da Coruña e Ferrol.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, presidiu o acto e lembrou un lema que a Ánxela Franco repetía: «para combater o machismo é necesario traballar nas xeracións máis novas«.

Goretti Sanmartín e os deputados, Xosé Regueira, Manuel Muíño, Antonio Leira e Xesús Soto participaron na entrega dos premios Concepción Arenal e de viñetas «Muller e migrante» . Representantes do CPI Castro Baxoi de Miño, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e do IES David Buján de Cambre recolleron os premios Concepción Arenal nun acto de entrega en que tamén reciciu unha mención especial o equipo do CE Nosa Señora do Rosario da Coruña.

«Explorando a igualdade: Tinogona!» é o título do proxecto co que un equipo do CPI Castro Baxoi de Miño se fixo co premio Concepción Arenal para educación infantil. O xurado decidiu outorgar o premio ao centro de Miño por ser «un proxecto innovador e pedagóxico, cunha elevada implicación do alumnado e un marcado carácter aventureiro«.

Na modalidade de educación primaria, o gañador resultou ser o CEIP Xesús San Luís Romero, do concello de Carballo, co seu proxecto «Revelando igualdade» que, para o xurado ten «unha alta adaptación á realidade social cun bo uso das novas tecnoloxías e un alto valor das imaxes utilizadas«.

Na modalidade de educación secundaria, o premio foi para o IES David Buján do Concello de Cambre co proxecto «Abrindo portas violetas«, un traballo, como consta no fallo da convocatoria «afronta dunha forma global o problema da violencia, abrindo, entre outras, unha porta á solidariedade e os dereitos humanos«.

Mención de honra especial mereceu o traballo «Tempo de mulleres, superando barreiras, alcanzando soños» Nosa Señora do Rosario da Coruña polo esforzo mostrado e pola súa contribución á ruptura das barreiras.

Concurso de viñetas
Un pleno de mulleres recibiron os premios da X edición do Concurso de Viñetas «Muller e Migrante» da Deputación da Coruña. Un traballo sobre o empoderamento dunha muller afgá valeulle a Irene González Calvo, da Coruña, o primeiro premio do Concurso de Viñetas «Sen Fronteiras», Muller e Migrante na categoría de 12 a 14 anos. Ariadna Anido Rubal, de Ferrol, fíxose co primeiro premio da categoría B, de 15 a 18 anos, cunha denuncia das inxustizas cometidas contra mulleres e nenos e nenas migrantes obrigadas a fuxir en pateiras.

O X Concurso de Viñetas «Sen fronteiras», Muller e Migrante», entregou tamén un segundo e terceiro premio que, na categoría de menos idade, foron recaer tamén en autoras da Coruña, en Rosa Aneiros Rosado, o segundo, e Rocío Cerqueiro Canabal, o terceiro. En canto á modalidade dirixida a máis idade, o segundo e terceiro premios foron tamén para dúas mozas da Coruña, as dúas de 17 anos. Andrea Cagiao Mouco fíxose co segundo premio cunha comparación entre dúas mulleres migrantes con distintos recursos e mentalidades mais que teñen que ter os mesmos dereitos e Alicia Tahoces Rodríguez gañou o terceiro premio cunha peza en branco e negro que reflexiona sobre a fuxida de familias dos seus países en guerra e a separación nas fronteiras.

Related Posts

Concurso Picasso coruñés

VI Concurso de Dibujo Picasso Coruñés

28 mayo, 2020

Concurso: abierto el plazo hasta el 29 de junio para presentarse el alumnado de 3º de Primaria a 4º de...

Ayudas ANPAS actividades educación especial

Ayudas ANPAS actividades educación especial

27 mayo, 2020

Ayudas ANPAS actividades educación especial. El Gobierno gallego publica la convocatoria. La consellería de Educación, Universidad y Formación Profesional publicó...

Next Post
El sentido de la vida

El sentido de la vida

Deja un comentario Cancelar respuesta

  • Voluntariado Gallego | La Guía de ONGs de Galicia
    La Guía de ONGs de Galicia | Voluntariado Galego
  • Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
    Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
loquenosecuentanoexiste

© 2018 PEstudio - Created By Apeon

  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Buscamos voluntarios
  • Tienda
  • Punto de Información Periodismo Social
  • Contacto PEstudio

No Result
View All Result
  • PEstudio – Periodismo Social Galicia
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Sobre Nosotros
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Estatutos
    • Buscamos voluntarios
    • Investigación periodística
    • Profesionales de referencia
    • Punto de Información Periodismo social
    • Tienda

© 2018 PEstudio - Created By Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.