domingo, enero 24, 2021
  • Login
No Result
View All Result
loquenosecuentanoexiste
  • INICIO
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Sobre Nosotros
    • Sobre PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Punto de Información Periodismo social
    • Tienda
    • Buscamos voluntarios
    • Profesionales de referencia
    • Estatutos
    • Investigación periodística
  • INICIO
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Sobre Nosotros
    • Sobre PEstudio – periodismo social
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Punto de Información Periodismo social
    • Tienda
    • Buscamos voluntarios
    • Profesionales de referencia
    • Estatutos
    • Investigación periodística
No Result
View All Result
loquenosecuentanoexiste
No Result
View All Result

Tempo da Psicoloxía: a violencia a reflexión

25 marzo, 2020
in agenda
Tempo da Psicoloxía: a violencia a reflexión

De esquerda á dereita, Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia; Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG; Mª Lourdes Mirón Redondo, decana da Fac. de Psicoloxía da USC

A primeira edición de Tempo da Psicoloxía, un evento que nace con vocación de continuidade no tempo e que é promovido polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, celébrase entre os días 18 e 21 de febreiro.

A violencia será obxecto de reflexión, a través de diversas actividades que conforman o programa de 2019.

«Tempo da Psicoloxía» pretende ser unha actividade divulgativa da psicoloxía na sociedade, que terá unha temática concreta como protagonista en cada edición anual, e no que a perspectiva de xénero e os valores de igualdade constitúen un elemento transversal en todas as actividades.

Os días 18, 19 e 20 ás 18:30 horas terán lugar tres coloquios no Auditorio ABANCA (Rúa do Preguntoiro, 23) en Santiago de Compostela gratuítos e de acceso libre ata completar aforo.

O primeiro deles será sobre a violencia no deporte, no que participarán Verónica Boquete, futbolista profesional, David González Vázquez, adestrador de fútbol; e María Dolores González Fernández, psicóloga do deporte. Lorena Pose, xornalista da Televisión de Galicia, será a responsable de moderar este encontro.

O martes 19 ás 18:30h abordarase a violencia nos centros educativos, coa participación de Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación da Xunta de Galicia; Hipólito Puente Carracedo, psicólogo educativo; Fernando Lacaci Batres, vicepresidente da Confederación ANPAS GALEGAS, e Mª Isabel Ruso de Lago, presidenta da Asociación de Directivos de IES de Galicia. A xornalista Mª Ángeles San Luis, de Onda Cero Galicia, será quen dirixa esta conversa.

O mércores 20, tamén ás 18:30h, será tempo de falar sobre a violencia no ámbito da familia, nunha palestra que estará moderada tamén pola xornalista Antía Díaz, de Radio Voz. Mónica Permuy, directora da Fundación Meniños, José Manuel Oreiro Blanco, psicólogo da Oficina de Atención á Vítima da Coruña, Mª Paz Filgueira Paz, xuíza titular do Xulgado de Familia nº 12 de Vigo, e Concepción Fernández Fernández, concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela, contribuirán coa súa experiencia para abordar este contexto.

O xoves 21 terá lugar a última das actividades da primeira edición de «Tempo da Psicoloxía», pero nesta ocasión estará reservada para o alumnado e profesorado de Psicoloxía e a comunidade académica. Trátase dunha conferencia de Neus Roca Cortés, profesora da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Barcelona e que se centrará na violencia de xénero. Esta actividade, que se enmarca dentro dos actos de celebración do Día da Psicoloxía Académica, está pensada especialmente para os futuros psicólogos e psicólogas, xa que as institucións promotoras consideran esencial a formación en materia de xénero para o exercicio da Psicoloxía.

Related Posts

Ayudas comedores escolares

Ayudas para comedores escolares

18 junio, 2020

El plazo para poder hacer a las ayudas para comedores escolares finaliza el 16 de julio. La consellería de Educación,...

Enfermería pediátrica

Concurso enfermería pediátrica

17 junio, 2020

La convocatoria de este concurso del Sergas supone un avance en la ampliación de especialidades de enfermería. La Dirección General...

Next Post
PEstudio: nuestra propuesta es aplicar la regla del buen trato

Maltrato es todo lo que no sea tratar bien

Deja un comentario Cancelar respuesta

  • Voluntariado Gallego | La Guía de ONGs de Galicia
    La Guía de ONGs de Galicia | Voluntariado Galego
  • Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
    Recursos para la Infancia en Galicia | SEGERIN
loquenosecuentanoexiste

© 2018 PEstudio - Created By Apeon

  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Buscamos voluntarios
  • Tienda
  • Punto de Información Periodismo Social
  • Contacto PEstudio

No Result
View All Result
  • PEstudio – Periodismo Social Galicia
  • SISTEMA DE PROTECCIÓN
  • INFANCIA
  • SALUD
  • RADIO
  • Sobre Nosotros
    • Contacto PEstudio – periodismo social
    • Estatutos
    • Buscamos voluntarios
    • Investigación periodística
    • Profesionales de referencia
    • Punto de Información Periodismo social
    • Tienda

© 2018 PEstudio - Created By Apeon

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.