Os días 2 e 3 de outubro de 2020 ASEIA celebra en Vigo as VV Xorndas de Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia baixo o título «Infancia e a Adolescencia Hoxe: Historias de Vida».
Neste contexto, o programa sobre saúde emocional está dirixido tanto a profesionais da clínica, a educación e o social que traballan con infancia e adolescencia, como a nais e pais.
Tamén destacar entre os relatores a:
- Joseph Knobel Freud: Director da Clínica Psicanalítica con Nenos e Adolescentes de Barcelona, sobriño-neto de Sigmund Freud, e un dos conferenciantes sobre infancia e adolescencia máis demandados en España e América. Autor dos libros «El reto de ser padres», «Mi hijo es un adolescente» e «Ideas para padres en apuros».
- Jordi Planella Ribera: Catedrático de Pedagoxía Social da Universitat Oberta de Catalunya. Autor dos libros «Acompañamiento social», «Cuerpo Cultura y Educación» y «Pedagogías Sensibles», entre outros
- Jerónimo Bellido Pérez: Psicólogo Clínico, Sociólogo e director del Instituto Wilhelm Reich – Europa.
- Ricardo Fandiño Pascual: Psicólogo Clínico e Presidente de ASEIA. Co-Autor de «La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad»
- Vanessa Rodríguez Pousada: Profesora Colaboradora da Universitat-Oberta de Catalunya e vicepresidenta da Sociedade Galega de Sexoloxía. Co-autora de «La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad»
Ademais segundo apunta o Presidente de ASEIA, Ricardo Fandiño, «As consecuencias emocionais da pandemia que estamos a vivir están fundamentalmente ligadas aos factores de imprevisibilidad e desesperanza. Ambos afectan dunha maneira moi especial a nenos e adolescentes, así como aos seus coidadores. É por iso que necesitamos manter abertos, máis que nunca, canles de comunicación e reflexió conxunta entre os profesionais que nos adicamos ao traballo en saúde mental infanto- xuvenil e a sociedade«.